lunes, 24 de mayo de 2010

CUNTIS, UN POBO DINÁMICO E RESPECTUOSO!!!


Poucas cousas poden ser más satisfactorias para min que vivir nun pobo dinámico, con vida, con actividades que enchan de xente as nosas rúas e que fagan de Cuntis un concello atractivo para os seus veciños e veciñas e tamén para visitantes. Cuntis é unha vila con grandes posibilidades, moitas delas xa explotadas e outras que están por vir. Seguro que chegarán.
Pero, ao mesmo tempo, hai cousas que me entristecen enormemente, feitos que me revolven a alma e que, entendo, supoñen un paso atrás nunha loita á que teño dedicada media vida. Con todo, indo máis alá dos labores que realizo ou que teño realizado en materia de equidade de xénero, entendo que o respecto para coas persoas, o respecto que merece o meu pobo, queda un pouco tocado con espectáculos como o que vivimos este fin de semana, nunha concentración de moteiros que tivo certa repercusión na prensa e que estivo respaldada –tristemente respaldada- pola Concellería de Cultura do Concello de Cuntis. A presenza dunha muller en bikini (iso si, con pantalóns ben curtiños, nótese a ironía) e con tacóns para lavar cunha mangueira ás motos e ós moteiros que quixeron, paréceme un espectáculo que sobrou na programación da concentración. Unha iniciativa previamente anunciada na prensa, que non foi algo improvisado, como logo se tratou xustificar.
Benvidos son os moteiros a Cuntis e, cantos máis, mellor. É de agradecer todo o seu esforzo por dinamizar Cuntis. Pero non son benvidas –polo menos para min- actividades sexistas dese tipo. Nunca vin a un home en calzóns lavando nada en público e, a verdade, espero non ter que velo. Porque hai espectáculos que sobran nas nosas vidas porque non aportan nada, como é o caso.

No hay comentarios: